domingo, 24 de mayo de 2009

Moiron: "A base de resultados, vimos que podian ir a mais"

-¿Con que obxectivos empezaron a temporada?

Queriamos que os chavales reforzaran o equipo de Terceira Autonomica. A medida que avanzaba a temporada, demonos conta de que podiamos aspirar a mais na Liga xuvenil. A base de bos resultados, vimos que podiamos alcanzar a fase de ascenso a Liga Galega.

-¿Cales foron os encontros mais dificiles e os que recorda mais emocionantes?

Aparte dos que xogamos ante o Sagrado Corazon, os dous contra o Foz e tamen o duelo da segunda volta ante o San Ciprian foron complicados. O mais emocionante foi o que xogamos en Foz e que gañamos 2-5. Chegamos a ese duelo na segunda posicion, eles eran terceiros e estaban a un punto. Se nos gañaban, adiantabannos, pero finalmente o triunfo foi para nosoutros.

-Nese momento, a segunda praza quedou practicamente asegurada...

Si, ese partido foi decisivo para as nosas aspiracions.

-Tras quedar segundos, gañaron unha plaza para a fase de ascenso a Liga Galega xuvenil ante a Milagrosa. ¿Como viu a eliminatoria?

Estivo moi igualadad e beneficiounos xogar o segundo partido no noso campo. No partido de ida fixemos un bo partido e perdimos 2-1. O resultado da volta foi 4-1 e pasamos.

-O Galicia Gaiteira foi o primeiro rival da fase de ascenso, que finalmente conseguiu o pase...

En realidade, foi un contrincante moi inferior, pero tivo a fortuna de marcar os seus goles nas poucas chegadas a nosa porteria que tivo. O final, logrou o pase que en ningun momento mereceu.

-¿Como afrontaron a fase?

Esperabamos pasar esta eliminatoria. Despois tocabanos un rival moi duro, o Nicrariense, e xa seria mais complicado.

-¿Cal crees que foi a razon do salto de calidade respecto o ano pasado?

Aparte de ser un equipo de futbol, a union e a motivacion dos xogadores foron clave. A nova directiva respaldounos e fichaxes como o de Matelo, Leivas e Joel foron moi importantes.

-¿Como valora o apoio da aficion?

Fundamental. Tanto no ascenso como durante a Liga, estiveron con nosoutros. Apoiabannos na Mina e nos desplazamentos que fixemos.